Murmurios de barro
Murmurios de barro. A colección Luciano García Alén
Esta é unha historia dun descubrimento e dunha viaxe a través do barro, que se inicia e remata en Buño; hai case corenta anos. Na feira de Carballo, xunto ao muro da louza, produciuse un encontro e unha amizade que duraría para sempre.
A vinculación de García Alén co barro vai mais alá dun mero estudo das formas e dunha clasificación xeográfica das mesmas. Por medio da súa investigación; coñeceu o labor colectivo dun pobo no transcorrer do tempo, pero no seu vagar polos camiños agromou unha historia de amor á terra, ás raices máis profundas da nosa identidade e á tradición, ao coñecemento que non quedaba no superficial senón que mergullaba nas formas, nos usos, na funcionalidade, ata facerse o maior coñecedor da olería tradicional galega.
O traballo de recollida de información fixo nacer unha historia de amizade coas xentes do barro, unha amizade intensa, que fixo partícipe da súas alegrías e decepcións, e unha historia de camiños recorridos para ir descubrindo un mundo descoñecido, esquecido e pouco valorado, e desentrañar o fío do barro que o tecía e descubrir Buño, Gundivós, Loñoá das Olas, Portomourisco, Mondoñedo, Santomé, A Guarda, Bamio, Prado, Rubiá, Betanzos, Lestrobe, Narón, Samos, Meder, Tioira, Niñodaguia e Bonxe.
Esta colección é froito de todas estas historias, e diante de cada unha das pezas que a compoñen, podemos escoitar os murmurios do tempo e achegarnos a algo máis que a meros obxectos utilitarios realizados por unha sociedade rural que non contaba con métodos industriais e confeccionaba estes productos porque os precisaba para a súa subsistencia cotiá.
As pezas están clasificadas segundo a súa funcionalidade, o seu deseño, e a súa decoración, para que se poida coñecer a riqueza e variedade de usos e formas da olería tradicional galega.
En O sentido das olas fálase de como o uso que se lle daba a cada peza vai caracterizar e definir a súa forma; será máis robusta cando sirva para conservar líquidos ou sólidos, mentres que as utilizadas para comer ou beber serán máis manexables e fáciles de limpar, como por exemplo o canabarro para o viño de Tioira, coas suas asas que permiten poñer unha corda e facilitar así o seu transporte, ou a pota do almorzo de Mondoñedo, na que se lle levaba o xantar ao que traballaba no campo, polo que tiña colgada unha culler nunha asa e un pano de mesa atado nas dúas asas que servían para agarrala, ou a meleira de Gundivós, provista dun relevo para que non se perdera o mel.

canabarro para o viño de Tioira
colección García Alén
colección García Alén
a pota do almorzo de Mondoñedo
colección García Alén
colección García Alén
a meleira de Gundivós
colección García Alén
pucheiro de mel de Portomourisco
colección García Alén
colección García Alén
No segundo apartado, o rumor do barro, escolléronse as pezas pola singularidade do seu deseño, polo que se amosan formas que van máis alá da mera utilidade e sorprenden polo seu deseño, como son os casos do pucheiro do mel de Portomourisco, que ten unha asa e un bordo grosos para que non rompa, xa que o produto que garda é moi estimado, ou o cántaro para o viño de Bamio, que leva un orificio para indicar a altura dunha "arroba".
colección García Alén
cántaro para o viño de Bamio
colección García Alén
A última parte trata sobre O sabor do lume e préstalles especial atención aos aspectos decorativos e aos acabados das pezas. Algúns cacharros presentan ornamentacións sinxelas, como a pucheira de Portomourisco, ou trazos con barro de diferente cor, como a cunca ou o porrón de Prado, outros utilizan motivos lineais e florais ou debuxos de animais que se fan nas fontes de Buño, outros empregan os vidrados no interior para illar os alimentos, como o xerro de bigotes de Gundivós.

porrón de Prado
colección García Alén
fonte de Buño
colección García Alén
xerro de bigotes de Gundivós
colección García Alén
As pezas falan por si mesmas, con independencia da súa orixe xeográfica, e so así, vistas de modo illado, poderemos escoitar os murmurios do barro.
Buño
Buño foi para mín un venturoso descubrimento. Do que vai ala, entre ditos e cantareas, preto de corenta anos. Xunto ao muro da louza, na feira de Carballo, admirables formas de barro relucían ciscadas polo chan terreo, en tanto que tiña a impresión de que as mulleres que as transportaban e os oleiros agoiraban a extinción definitiva daquelas formas, na tímida poquidade das palabras e pola cor negra da vestimenta.
Na miña sorprendida contemplación, figurábase que aquela louza fora construida polas mans de consumados oleiros, transmisores dunha cultura antiga que, pola maxia, abrollaba de cando en vez das entrañas da terra, facendo realidade as historias cunqueirás de cidades asolagadas e aparentando ser veraces os contos dos nosos vellos, de raiñas mouras aparecidas nas fontes e nas mámoas...E a fabricación dos oleiros de Buño significaba a pervivencia das antigas formas da nosa cerámica, que nas vilas era desprezada pola fascinación da burguesía a canto lle fose extraño. O noso, tal cal, coa traza do ben facer de séculos, como suspendido no tempo..., estaba alí no recuncho daquela feira de Carballo.
Luciano García Alén
Luciano García Alén
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)