Buño

Buño foi para mín un venturoso descubrimento. Do que vai ala, entre ditos e cantareas, preto de corenta anos. Xunto ao muro da louza, na feira de Carballo, admirables formas de barro relucían ciscadas polo chan terreo, en tanto que tiña a impresión de que as mulleres que as transportaban e os oleiros agoiraban a extinción definitiva daquelas formas, na tímida poquidade das palabras e pola cor negra da vestimenta.

Na miña sorprendida contemplación, figurábase que aquela louza fora construida polas mans de consumados oleiros, transmisores dunha cultura antiga que, pola maxia, abrollaba de cando en vez das entrañas da terra, facendo realidade as historias cunqueirás de cidades asolagadas e aparentando ser veraces os contos dos nosos vellos, de raiñas mouras aparecidas nas fontes e nas mámoas...E a fabricación dos oleiros de Buño significaba a pervivencia das antigas formas da nosa cerámica, que nas vilas era desprezada pola fascinación da burguesía a canto lle fose extraño. O noso, tal cal, coa traza do ben facer de séculos, como suspendido no tempo..., estaba alí no recuncho daquela feira de Carballo.

Luciano García Alén

No hay comentarios:

Publicar un comentario